01 alumnado

Facilitar o acceso á universidade é para nós unha obriga. Temos residencias universitarias públicas con prezos públicos; bolsas e axudas ao estudantado. A docencia de calidade é un dos nosos puntos fortes. A boa preparación dos nosos titulados reflíctese no elevado índice de inserción laboral da UDC, que  supera á media galega e española.

  • Manter e se é posible incrementar a porcentaxe de fondos de axudas destinados aos estudantes.
  • Apoiar o mantemento das tasas de grao e impulsar a igualación das tasas de todos os mestrados ao graos.
  • Incrementar as axudas destinadas ao transporte.
  • Fomentar o transporte sustentable.
  • Cultura participativa: financiar as actividades culturais propostas desde a comunidade universitaria e en especial desde os estudantes.
  • Deporte participativo: apostar polas actividades deportivas propostas desde a comunidade universitaria e en especial desde os estudantes.
  • Propor un programa de bolsas de prácticas externas.
  • Crear unha aula de actividades «sociais» nos campus.
  • Incrementar o número de aulas de traballo.
  • Impulsar a asemblea de estudantes.
  • Impulsar o laboratorio de participación para fomentar a comunicación e participación por todos os medios posibles.
  • Fomentar e mellorar a plataforma UDCDecide para que se aumente a comunicación entre os estudantes e sirva de comunicación co goberno da UDC.
  • Continuar coas actuacións sobre empregabilidade e fomento do emprendemento entre os estudantes: programas e foros de melloras das competencias neste tema.
  • Implantación dunha plataforma informática para a xestión das prácticas externas na UDC.
  • Dinamizar a creación dun programa Alumni, onde a marca UDC permita achegar a alumnado egresado da UDC ao resto de Alumni e alumnado en formación. Deste xeito axudaríase a tecer redes entre profesionais ao abeiro da UDC.
Cerrar menú