02 profesorado

Somos a universidade galega co plantel de profesorado máis novo. Mantemos o compromiso de estabilización e promoción do noso profesorado, que é onde está o talento. Apoiamos o desempeño docente favorecendo a innovación e o recoñecemento do labor académico.

  • Acadar a estabilidade nos procedementos de promoción das distintas figuras de PDI.
  • Manter a prioridade no obxectivo de estabilización do profesorado acreditado con contrato temporal, e planificación ante a expectativa das novas figuras de profesorado que se están a analizar/propor no seo da CRUE.
  • Intensificación na convocatoria de prazas de Axudante Doutor para reducir o número e a duración dos contratos de interinidade.
  • Avanzar coas estratexias fundamentais de captación de talento, garantindo as expectativas de estabilización do profesorado interino.
  • Reforzar o plantel de profesorado inmerso na implantación de novos graos.
  • Promover a través da CRUE medidas que faciliten uns procesos de acreditación do profesorado racionais e acordes coa realidade científica de cada ámbito.
  • Converxer, en liña co borrador de Estatuto do PDI, redefinindo a dedicación máxima á docencia tanto de profesorado estable como interino.
  • Limitar o número de materias no POD do profesorado e consideración do número de estudantes como criterios para determinar a dedicación á docencia.
  • Seguir avanzando na dignificación da labor docente do PDI con medidas que faciliten a conciliación familiar, que eviten o exceso na carga docente semanal, ou que permitan mellorar as condicións laborais no caso de profesorado a tempo parcial.
  • Fomentar a flexibilidade nos modelos de elaboración da PDA para a súa adaptación ás características de cada titulación.
  • Revisar o desenvolvemento e implantación dos TFG/TFM na PDA nas titulacións e flexibilizar as modalidades de dirección e avaliación dos traballos.
Cerrar menú