03 pas

O traballo do persoal de administración e servizos é fundamental para a universidade. A súa estabilidade e promoción están garantidas. Temos o compromiso de acadar a profesionalización de todo o persoal buscando fórmulas para a mellora da súa carreira profesional.

  • Ao remate dos procesos selectivos convocados no ano 2019 (OEP´S DO 2016, 2017, ESTAB., 2018 e 2019) a ocupación dos postos de traballo do PAS da UDC será nun mínimo do 95% por persoal funcionario de carreira, deste xeito cumprirase o obxectivo social de emprego estable.
  • O “PAPEL 0” na tramitación burocrática da Universidade da Coruña: consolidarase no primeiro semestre do ano 2020 coa implantación do Repositorio Documental Centralizado, coa integración do portafirmas electrónico. Diminuirase de esta maneira a carga de xestión económico-administrativa e o volume de traballo coa tramitación do expedientes dun xeito telemático na súa integridade e en todas as fases do procedemento.
  • Continuarase coa aprobación anual das Ofertas de Emprego Público despois da negociación e acordo do seu contido coa representación do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña.
  • O concurso de méritos de persoal funcionario da Universidade da Coruña publicarase no mes de xuño de 2020, terá carácter xeral e ofertaranse as prazas vacantes.
  • Co obxecto de avanzar nos procesos de promoción interna nas distintas escalas de persoal funcionario da Universidade da Coruña nun marco temporal razoable en termos orzamentarios e de capacidade de xestión entre os anos 2020 e 2023, se realizarán as convocatorias de promoción interna correspondentes de todas as categorías. O calendario negociarase no primeiro trimestre de 2020. Estes acordos reflectirase nas correspondentes ofertas de emprego público.
  • Instarase á Xunta de Galicia para que constitúa e convoque unha mesa sectorial entre os responsables institucionais e sindicais das tres universidades galegas e os da propia institución autonómica, para a negociación da aplicación da carreira profesional (promoción horizontal) para o persoal de administración e servizos.
  • Comprometemonos a dispor prazas das súas residencias públicas universitarias para a participación no intercambio de vacacións do persoal de administración e servizos.
  • Publicar un Mapa de Competencias dos postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos no primeiro trimestre do ano 2020.
  • Desenvolverase un novo Plano de Formación para o período 2020-2023, basado no Mapa de Competencias. Este plano de formación continuará a recoller as demandas do persoal en materia formativa e de mellora das competencias profesionais.
  • Elaborarase unha nova relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos no ano 2020, fundamentada nos principios de eficiencia e profesionalidade e que atenda ás necesidades da universidade e as continuas  modificacións normativas e funcionais.
  • Ao remate dos procesos selectivos convocados no ano 2019 (Ofertas de Emprego Público dos anos 2016, 2017, estabilización, 2018 e 2019) a ocupación dos postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña será nun mínimo do 98 % por persoal funcionario de carreira, deste xeito cumprirase o obxectivo social de emprego estable.
  • Desenvolvemento de programas e planos en materia de saúde laboral co obxectivo da Universidade da Coruña como universidade saudable.
  • No primeiro trimestre de 2020 o sistema de xestión de persoal da UDC integrarase no Rexistro Central de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública da Administración Xeral do Estado, co que implica tamén o acceso ao seu sistema @NOTA RCP mediante o que se facilitará, homoxeneizará e axilizará a xestión electrónica dos expedientes de persoal da UDC. Ademais, o persoal da UDC terá acceso directo ao seu expediente electrónico arquivado no Rexistro Central de Persoal para consultas e para a emisión de documentos e certificados.
  • A o largo do ano 2020 negociarase cos representantes dos traballadores os períodos de atención dos servizos e a xornada laboral do persoal de administración e servizos.
Cerrar menú