04 docencia

Estamos creando futuro. Modernizamos as nosas titulacións para responder aos retos e demandas da sociedade actual, coas que conseguimos incrementar a matrícula. Implantamos novas titulacións que crearán profesións do futuro. Innovamos no sistema educativo e apostamos polo coñecemento en aberto con cursos MOOCs na plataforma MiríadaX, a máis importante en Iberoamérica.

  • Revisar, e actualizar e proponer nova oferta formativa asociada ás áreas de especialización dos Campus da UDC.
  • Implantación do Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía no curso 2020-2021.
  • Completar o acceso ao conxunto da oferta académica da UDC a prezos públicos, pasando a impartirse o Grao en Turismo nun centro propio da UDC.
  • Potenciar a aplicación do convenio de Docencia de Mediciña para incrementar a participación do profesorado de UDC na docencia no CHUAC.
  • Incentivar a incorporación de novos graos ao Programa piloto de docencia en galego nos graos do SUG.
  • Implantar os Graos Abertos dentro do programa piloto da Xunta de Galicia.
  • Seguir traballando na mellora da xestión académica dos TFG e TFM.
  • Impulsar desde os planos de estudos as competencias transversais que mellorarán a empregabilidade do estudantado, especialmente nos títulos con competencias profesionais.
  • Implantar un programa específico de formación continua que permita procesos de actualización e reciclaxe dos profesionais que faga realidade a formación ao longo da vida, en colaboración con empresas e organización empresariais.
  • Comprobar os resultados da nosa formación, co seguimento da empregabilidade dos egresados de Grao, Mestrado e Doutoramento a través de Observatorio Ocupacional da UDC.
  • Proporcionar novas ferramentas de videoconferencia de uso sinxelo e intuitivo, que permitan realizar unha conexión de forma fácil e cómoda.
  • Mellorar e reforzar a oferta de titulacións semipresenciais e on line coa creación dun regulamento, co deseño dun itinerario de formación obrigatorio para todo o profesorado que imparta aulas nestas modalidades e coa creación dun espazo web que recolla toda a información necesaria para facilitar a súa visibilidade.
  • Dotar á UDC dun plan específico de captación de estudantes de grao e mestrado, á vez que se impulsan os títulos internacionais e os dobres títulos.
  • Continuar e mellorar a simplificación dos procesos de seguimento dos Títulos como garantía de renovación e actualización da oferta académica da UDC.
  • Certificar o deseño do SGC da Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EUIUDC).
  • Implementar unha nova aplicación informática que simplifique e axilice a xestión do SGC dos centros da UDC e da EIDUDC.
  • Traballar na obtención ou renovación da certificación da implantación dos SGC dos centros.
  • Proporcionar formación ao PAS e PDI con responsabilidades en materia de calidade sobre os novos sistemas de xestión.
  • Reformar e impulsar o Programa Docentia, co fin de alcanzar os requisitos necesarios para solicitar a súa certificación.
  • Fomentar a obtención de selos europeos de calidade en titulacións de grao e mestrado.
  • Revisar e simplificar as enquisas de avaliación docente co fin que aumentar a participación do profesorado e alumnado, e facer unha campaña de información dirixida a este último colectivo sobre a importancia dos seus resultados no proceso de mellora da calidade dos títulos.
  • Seguir potenciando a creación de MOOC e establecer pontes de conexión entre estes e as titulacións online, usando os primeiros para captar alumnado para os segundos, e empregando os MOOC como plataforma de ensaio e práctica para os docentes que se inicien na modalidade virtual.
  • Mellorar a eficacia da xestión dos programas de doutoramento simplificando os procedementos e alixeirando a carga burocrática aos coordinadores e comisións académicas.
  • Incorporar ao equipo de dirección da EIDUDC un/unha subdirector/a de calidade que asesore aos programas nos procesos de verificación, seguimento e acreditación.
  • Mellorar a ferramenta informática de xestión dos estudos de doutoramento, ampliando as súas funcionalidades cun sistema en liña de nomeamento e actuación de tribunais de teses.
  • Dinamizar a realización de teses que poidan optar á mención de doutoramento industrial.
  • Incrementar a funcionalidade da nova aula de doutoramento, instalando un sistema de videoconferencia que facilite o traballo dos programas de doutoramento que necesitan un espazo destas características para as súas actividades formativas.
  • Flexibilizar os requisitos para a concesión de baixas temporais nos programas de doutoramento.
  • Crear un segundo grupo dentro do programa de formación universitaria para maiores de 50 anos da Universidade Sénior, para dar resposta á importante demanda existente no campus da Coruña.
  • Establecer unha sede permanente no Concello das Pontes de García Rodríguez cun programa formativo para maiores de 50 anos.
  • Consolidar o Programa de Formación Específica para Graduados Sénior e estudar a viabilidade da súa implantación na sede de Ferrol.
  • Continuar co Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior nas comarcas de Costa da Morte, Betanzos e As Pontes e estudar a súa implantación en novas áreas territoriais.
Cerrar menú