05 investigacion

Co esforzo de todos e todas conseguimos importantes logros en investigación: 2 Starting Grant, proxectos europeos, 4 Ramón y Cajal. Con respecto á captación de Talento, a UDC vén de posicionarse entre as 3 primeiras universidades españolas en conseguir prazas de investigadores en convocatorias competitivas como é o caso das Beatriz Galindo. O programa InTalent posiciónanos como un referente nacional en captación de talento. Aumentamos as cátedras de empresa e conseguimos un mellor posicionamento nos ránkings internacionais e nacionais.

  • Consolidación e mellora do programa de captación de talento InTalent coa empresa Inditex unido este programa  a un proxecto Cofund do H2020, o proxecto Intalent2025, que posibilitaría duplicar as axudas de Inditex e conseguir que estes investigadores Intalent conten tamén co selo de Investigadores Marie Curie.
  • Aumentar as publicacións en aberto, baixo a premisa científica do movemento Open Science. Promover a participación da UDC na comisión COS (Comisión europea de Open Science) e na sección da sectorial da CRUE sobre Ciencia Aberta. Implantación dun programa de promoción de doutoramentos industriais, para teses de doutoramento que se enmarquen en problemas de interese industrial, no que o financiamento investigador sexa asumido parcialmente polas empresas nas que o estudante desenvolvese parte dos traballos encamiñados á realización da tese.
  • Crear unha oficina de proxectos internacionais, Oficina Europa, que promoverá a participación de investigadores da UDC en convocatorias internacionais, nomeadamente nas da Unión Europea, como o Horizon 2020 e nomeadamente no novo programa marco Horizonte Europa.
  • Implementar toda a tramitación electrónica para a xestión de convocatorias e procedementos ligados a Investigación, como é todo o relativo a modificación e actualización do catálogo de grupos, unidades e axudas a investigación.
  • Programa de incentivación á participación de investigadores da UDC en convocatorias internacionais nomeadamente nas da Unión Europea.
  • Creación da Unidade de Apoio a Investigación para optimizar os recursos administrativos de apoio a investigación e a xestión dos proxectos de investigación.
  • Potenciación dos Centros de Investigación para manter a acreditación do CITIC como centro singular e conseguir nas próximas convocatorias de centros da Xunta as acreditacións de Centro Singulares do CICA e o CITEEC.
  • Crear unha normativa para favorecer a integración/inclusión de unidades de investigación, como tales, en grandes grupos de investigación para fomentar o traballo colaborativo coa fin de aumentar as potencialidades dos centros singulares.
Cerrar menú