06 internacionalizacion

Programas de internacionalización en casa: Summer School; axudas para realizar a tese no estranxeiro; acordos bilaterais; clases en inglés; dobres titulacións con universidades foráneas Todo este traballo fai que cada curso aumente o número de alumnado estranxeiro na UDC.

  • Promover a internacionalización de todos os servizos e dos Centros, reforzando os servizos internacionais.
  • Fomentar medidas de internacionalización no PAS que teñan efectos na súa carreira profesional, co aumento das mobilidades pero tamén con medidas de internacionalización na casa, como a participación en Semanas Internacionais específicas por sectores a celebrar na UDC e co fomento da formación lingüística.
  • Mellora dos procedementos de mobilidade coa introdución do Erasmus sen Papeis en consonancia co obxectivo de sustentabilidade administrativa da UDC.
  • Continuar a incrementar a oferta de titulacións plurilingües e internacionais.
  • Continuar as axudas para PDI e estudantado para a súa formación mutilingüe.
  • Procurar novos beneficios para o profesorado que imparte docencia en inglés.
  • Potenciar a participación en proxectos internacionais  e dar apoio ao profesorado na súa solicitude de fondos do programa Erasmus +.
  • Fomentar a organización de TeachingStaffWeeks por centros para intercambios de docencia e investigación.
  • Aumentar a oferta de mobilidade para estudantes saíntes.
  • Procura de financiamento externa para fomentar mobilidades a Latinoamérica.
  • Fomento do programa Erasmus Prácticas, tanto para que o noso estudantado realice prácticas internacionais como para atraer estudantes en prácticas aos servizos e aos grupos de investigación.
  • Aumento do estudantado estranxeiro regular. Seguimento e apoio concreto.
    Consolidación da International SummerSchool.
  • Reforzar o Centro de Linguas como centro de acreditación lingüística. Incluír o galego e a cultura galega na oferta formativa, e a linguaxe de signos, así como a organización de cursos ad hoc para grupos con necesidades concretas na comunidade universitaria e fora dela. Servizo de tradución para a comunidade universitaria.
  • Establecer a acreditación lingüística dos estudantes que se gradúen na UDC.
    Seguir a mellorar a promoción exterior da UDC mediante unha planificación conxunta de toda a comunidade.
  • Poñer en valor e recoñecer o esforzo do persoal como axentes dinamizadores da internacionalización da UDC.
  • Traballar na internacionalización do currículo e a mobilidade virtual para garantir a inclusión internacional de todo o estudantado.
Cerrar menú