07 responsabilidade

Temos un compromiso activo co feminismo, liña estratéxica desde hai anos. Traballamos pola igualdade de homes e mulleres e contra calquera discriminación ou acoso por razón de xénero ou de orientación sexual. O coidado do medio ambiente e a sustentabilidade así como a promoción dunha vida saudable son obxectivos da nosa responsabilidade social.
Vicerreitoría de Igualdade
  • Creación da Vicerreitoría de Igualdade para coordinar os distintos axentes como o Centro de Estudos de Xénero e Feministas e REDE coas actividades da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX).
  • Reforzar a estrutura da OIX
  • Visibilizar a Normativa de Igualdade e os Protocolos de Acoso entre os integrantes da comunidade universitaria.
  • Fomentar e valorar a asistencia a cursos ou xornadas de difusión destas ferramentas para PDI e PAS.
  • Crear unha liña de perspectiva de xénero que se desenvolva transversalmente nos tres campus de especialización: Industrial en Ferrol e Sustentabilidade e Innova na Coruña, na liña do establecido en H2020 e o próximo Programa Marco 2021-2027, Horizonte Europa (tanto na investigación como a docencia ou a transferencia).
  • Vixiar e profundizar no cumprimento da paridade a todos os niveis tanto nas Comisións docentes (tribunais) e de investigación como entre as persoas que reciben ou nas que recaen distincións e honras (premios do deporte, doutores “honoris causa”…). Así como nos paneis de xornadas/ congresos, mesas redondas, etc.
  • Deseñar e urbanizar os espazos tanto os interiores dos diferentes Centros docentes como os campus con criterios de inclusividade e medioambiental sustentables e seguros para as persoas e especialmente para as mulleres.
  • Desenvolver un manual-marco de referencia, identificado como “Código de Conduta”, que se deba acompañar nos congresos, xornadas, seminarios e cursos financiados pola UDC, seguindo o exemplo doutras xornadas e congresos internacionais, para promover a inclusividade e evitar situacións de acoso ou discriminación por razón de sexo, xénero, orientación sexual ou identidade de xénero.
  • Cooperación
    Fomentar, entre a comunidade universitaria, a colaboración con países en vías de desenvolvemento ou con índice de Desenvolvemento Humano medio-baixo, para contribuír á mellora das condicións económicas e sociais nestes países. Neste senso, continuar aplicando a baixada de taxas para o alumnado procedente dos devanditos países, entre outras medidas.
  • Potenciar a participación da comunidade universitaria nos proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento coas convocatorias propias de Proxectos de Coñecemento da Realidade para o alumnado e de Proxectos de Coñecemento da Cooperación para o PDI e o PAS.
  • Promover que o estudantado poda realizar as súas prácticas curriculares en proxectos de cooperación in situ, a través dunha convocatoria de axudas e proporcionando o apoio loxístico necesario.
  • Axudas a refuxiados para que poidan continuar os seus estudos universitarios na UDC, como o que iniciamos  no 2019 a través da Global Platform for Syrian Students ou a través da colaboración coa Fundación Mulleres por África.
  • UDC Saudable
    Creación dun Aula de Ocio Saudable e Tempo Libre en cada campus. Convenios con concellos. Promoción de actividades lúdicas, deporte recreacional, deporte inclusivo e deporte adaptado.
  • Creación de Área de Dietética e Nutrición para desenvolver os criterios de alimentación equilibrada da Rede Española de Universidades Saudables nas cafetarías y nas máquinas autoexpendedoras da Universidade da Coruña.
  • Divulgación:
    Promover a difusión do coñecemento a toda a cidadanía. Incrementar as xornadas de divulgación científica e cultural.
  • Impulsar o programa Divulgando ou noso, que permite difundir aos grupos de investigadores o seu coñecemento e investigación nos espazos culturais da UDC como NORMAL ou o Centro Cultural de Ferrol.
  • Impulsar premios e exposicións de divulgación científica dirixidos a estudantes de doutoramento e posgrao.
  • Impulsar #ConversacoaUDC, onde o investigador principal dun proxecto nacional ou internacional ou un membro do seu equipo, expón de forma didáctica e accesible nunha contorna non académica, o alcance e a aplicación do seu proxecto, fomentando o debate entre o público presente.
Cerrar menú