08 udc en expansion

A Universidade da Coruña está preparada para asumir novos retos que dean resposta ás necesidades da sociedade, pero tamén ten a capacidade de adiantarse ás futuras demandas tanto de formación, como de investigación e de transferencia de resultados. Para isto, precisa novos espazos que están en proxecto. A UDC medra en títulos, en retos e polo tanto, expándese proxectándose cara as cidades da Coruña e Ferrol. Con proxectos xa definidos, a UDC afronta a súa maior expansión dos últimos anos.

Cidade das TIC.
A Universidade da Coruña proxecta a creación dun polo de investigación, formación e innovación tecnolóxica especializado nas instalacións da antiga Fábrica de Armas onde convivan grupos de investigación e centros tecnolóxicos universitarios relacionados co sector TIC con empresas dun dos sectores con máis futuro do país. Ademais da creación de numerosos postos de traballo a Cidade das TIC fará de Galicia un referente do sector.

Centro de Investigación de Industria Intelixente.
A Universidade da Coruña construirá un novo edificio no Campus de Ferrol, nunha parcela adquirida a Defensa, enfronte da Facultade de Enfermería e Podoloxía e da Facultade de Ciencias do Traballo  que permitirá instalar diversos servizos universitarios, entre eles o Centro de Investigación de Industria Intelixente, un centro de investigación especializado en industria 4.0. En ese edificio situarase a sede principal do Campus Industrial así como a UMI Estaleiro do futuro da UDC e Navantia para desenvolver o estaleiro 4.0.

Residencia de Batallóns.
Universidade da Coruña adaptará para usos universitarios o edificio coñecido como Residencia de Batallóns, en Esteiro, no Campus de Ferrol, logo de chegar a un acordo con Defensa na cesión deste espazo.

Cerrar menú