Julio Abalde presenta en rolda de prensa a súa candidatura a Reitor da Universidade da Coruña
Julio Albalde candidato a reitor da UCD

Julio Abalde presenta en rolda de prensa a súa candidatura a Reitor da Universidade da Coruña

Ante a convocatoria de eleccións á Reitoría na Universidade da Coruña, o catedrático Julio Abalde Alonso presentará a súa candidatura ante os medios de comunicación. A rolda de prensa terá lugar o vindeiro luns, 4 de novembro ás 11:00 horas na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza).

Julio Abalde Alonso (Vigo, 1956)
Reitor da Universidade da Coruña desde 2016.
Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias.
Presidente da CIXUG
Presidente de FEUGA
Catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e Doutor en 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 1985 comeza a súa actividade docente no Colexio Universitario da Coruña e en 1988 obtén a praza de profesor Titular de Microbioloxía na USC, impartindo docencia nas Facultade de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991 obtén a praza de profesor Titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Xunto coa súa actividade docente, desenvolveu un continuo labor investigador no campo das microalgas: produción masiva e utilización en acuicultura, resposta fisiolóxica á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas, no medio, etc.

Foi investigador principal en 18 proxectos competitivos e contratos de investigación, autonómicos, nacionais e internacionais, participando ademais noutros 12. É autor de máis de 85 artigos de investigación, 60 deles publicados en revistas internacionais de referencia, 5 libros, 11 capítulos de libros e dirixiu 8 teses de doutoramento. A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 1985. Na actualidade ten recoñecidos 5 sexenios de investigación.

No campo da xestión universitaria, desempeñou distintas responsabilidades: Secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC; Director do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da UDC; Director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), 2005-2009. Foi vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC de 2012 a 2015. Tamén realizou actividades de avaliación da calidade universitaria entre as que destacan: Presidente da Comisión do Programa Docentia da UNEX, voceiro e presidente da Comisión de Avaliación de proxectos de innovación educativa da UGR, presidente da Comisión de seguimento e Certificación do Programa Docentia de ANECA e ACAP.

Cerrar menú