Julio Abalde formalizou esta mañá a súa candidatura a reitor da Universidade da Coruña
Julio Abalde, con Pilar García de la Torre e Alberto Valderruten, presentou a súa candidatura vía on line

Julio Abalde formalizou esta mañá a súa candidatura a reitor da Universidade da Coruña

O catedrático Julio Abalde Alonso presentou esta mañá oficialmente a súa candidatura a Reitor da UDC. O prazo de presentación de candidaturas que comeza hoxe rematará o vindeiro luns, 18 de novembro, ás 14:00 horas. Tanto este trámite como o propio proceso electoral se realizan electronicamente.
O actual reitor da UDC opta á renovación logo de formalizar a súa proposta para as eleccións á Reitoría que terán lugar o vindeiro 4 de decembro.

Presentación do equipo de goberno
Julio Abalde presentará a súa proposta de equipo de goberno para os vindeiros catro anos nun acto que terá lugar este martes, 19 de novembro, ás 12:00 horas na Facultade de Dereito.

Cerrar menú