Julio Abalde, elixido novo Reitor da Universidade da Coruña
Abalde obtivo un amplo apoio co 70% dos votos

Julio Abalde, elixido novo Reitor da Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña decidiu onte que Julio Abalde fose o seu Reitor para os próximos catro anos. Abalde obtivo o 70% do apoio da comunidade universitaria con 3.197 votos ponderados fronte a Fernando Martínez Abella que obtivo o 30% con 1.429 votos.

O resultado da votación foi para Julio Abalde:

Profesorado Doutor con vinculación permanente: Votos ponderados: 1.569.
Estudantado Votos ponderados: 905.
Restantes categorías de Persoal Docente Investigador. Votos ponderado: 438.
Persoal de Administración e Servizos. Votos ponderado: 285.  

O resultado da votación foi para Fernando Martínez Abella:

Profesorado Doutor con vinculación permanente: Votos ponderados: 790.
Estudantado Votos ponderados: 391.
Restantes categorías de Persoal Docente Investigador. Votos ponderados: 117.
Persoal de Administración e Servizos. Votos ponderados: 131.

A participación foi a seguinte:

Profesorado Doutor con vinculación permanente, 87%.
Estudantado, 18%.
Restantes categorías de Persoal Docente Investigador, 70%.
Persoal de Administración e Servizos, 79%

As votacións, que se realizaron a través de voto electrónico, comezaron ás 10:00 horas e finalizaron ás 19:00 horas. Non houbo ningunha incidencia.

O voto é ponderado coas seguintes porcentaxes:

51% para o sector de Profesorado Doutor con vinculación permanente.
28% para o Estudantado.
12% restantes categorías de Persoal Docente Investigador.
9% correspondente ao Persoal de Administración e Servizos.

Estaban chamadas a votar un total de 18.245 persoas, das que 836 son do sector de Profesorado Doutor con vinculación permanente; 15.886 son do Estudantado; 722, de restantes categorías de Persoal Docente Investigador; e 801 do Persoal de Administración e Servizos.

A participación nas eleccións a Reitor tanto no sector de profesorado como de persoal administrativo é moi elevada, non así no caso do estudantado en que a media da participación nas universidades españolas é sobre o 10%. No caso das eleccións a Reitor na UDC en 2015 a participación alcanzou o 94% no sector de PDI doutor con vinculación permanente; o 76% nas restantes categorías de PDI; o 27% entre o Estudantado e o 88% no caso do Persoal de Administración e Servizos.

Cerrar menú