Julio Abalde - Candidato a reitor da UDC

coñéceme

Son catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e Doutor en 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 1985 comecei a miña actividade docente no Colexio Universitario da Coruña e en 1988 obtiven a praza de profesor Titular de Microbioloxía na USC, impartindo docencia nas Facultade de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991 obtiven a praza de profesor Titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Xunto coa miña actividade docente, desenvolvín o meu labor investigador no campo das microalgas: produción masiva e utilización en acuicultura, resposta fisiolóxica á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas, no medio, etc.

Fun investigador principal en 18 proxectos competitivos e contratos de investigación, autonómicos, nacionais e internacionais, participando ademais noutros 12. Son autor de máis de 85 artigos de investigación, 60 deles publicados en revistas internacionais de referencia, 5 libros, 11 capítulos de libros e dirixín 8 teses de doutoramento. A miña actividade  investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 1985. Na actualidade teño recoñecidos 5 sexenios de investigación.

No campo da xestión universitaria, desempeñei distintas responsabilidades: Secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC; Director do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da UDC; Director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), 2005-2009. Fun vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC de 2012 a 2015. Tamén realicei actividades de avaliación da calidade universitaria entre as que destacan: Presidente da Comisión do Programa Docentia da UNEX, voceiro e presidente da Comisión de Avaliación de proxectos de innovación educativa da UGR, presidente da Comisión de seguimento e Certificación do Programa Docentia de ANECA e ACAP.

Julio Abalde Alonso
(Vigo, 1956)

Reitor da Universidade da Coruña desde 2016.

Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias.

Presidente da CIXUG

Presidente de FEUGA

Cerrar menú