EQUIPO

Julio Abalde

Julio Abalde Alonso

Reitor

Catedrático de Microbioloxía.
Facultade de Ciencias


Julio Abalde Alonso

É reitor da Universidade da Coruña desde 2016. Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias. Presidente da CIXUG. Presidente de FEUGA.

Coñéceme

Salvador Naya

Salvador Naya Fernández

Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia

Catedrático de Estatística e Investigación Operativa.
Escola Politécnica Superior

Salvador Naya​ Fernández

É vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia desde 2016. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade da Coruña (2003). No ano 1987 comeza a súa actividade docente como profesor agregado de Matemáticas de Bacharelato, e no ano 1994 incorpórase a docencia universitaria na Escola Politécnica Superior de Ferrol (UDC), onde imparte distintas materias da Área de Estatística e Investigación de Operacións nos graos en Enxeñaría Naval e Oceánica e no Grao en Enxeñaría Mecánica. Participa tamén como docente no mestrado en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (dobre título internacional coa París Diderot) e no interuniversitario das tres universidades galegas en Técnicas Estatísticas. Conta con dúas avaliacións positivas do programa Docentia. Investigador do grupo MODES, adscrito o Centro Singular CITIC e o ITMATI. A súa investigación abrangue a estimación paramétrica e non paramétrica de curvas, o control estatístico de calidade e os métodos estatísticos en análise térmica e reoloxía. É autor de máis de 120 publiacións, 68 delas son artigos publicados en revistas internacionais de referencia (JCR). Dirixiu 5 teses doutorais e participou en máis de 40 proxectos de investigación e transferencia a empresa.
A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 2003. Na actualidade ten recoñecidos 3 sexenios de investigación. Conta tamén coa avaliación, coa cualificación de excelente, do programa Docentia. Editor asociado de varias revistas e editor xefe da revista BEIO da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa. É membro electo do International Statistical Institute (ISI). Premio “Educador do Ano 2013” do Proxecto JLM (Juarez, Lincoln, Martí) pola difusión da Estatística en Latinoamérica. Foi delegado do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) e director da Cátedra Jorge Juan e presidente e cofundador da spin-off “Nerxus Quality Solutions”. Na actualidade, desde o seu labor de vicerreitor, é presidente de Bugalicia, do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e da Fundación CITIC. É membro electo da Mesa do Claustro dende o ano 2011.

Nancy Vázquez

Nancy Vázquez Veiga

Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente

Profesora Titular de
Lingüística Xeral.
Facultade de Filoloxía

Nancy Vázquez Veiga

É vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente desde 2016. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991 e doutora pola Universidade da Coruña en 1998, institución á que está vinculada desde 1996. Anteriormente impartiu docencia nas universidades de Vigo e Santiago. A súa liña de investigación fundamental céntrase nos marcadores do discurso, materia sobre a que publicou un libro e numerosos artigos. Tamén é autora de distintas publicacións sobre contacto de linguas e sobre aspectos metodolóxicos da recollida de datos para un corpus de entrevistas sociolingüísticas. Desde o ano 2000 participa en varios proxectos e redes de investigación relacionados co estudo do léxico e das tecnoloxías lingüísticas. É membro do Grupo LYS (Lingua e Sociedade da Información), formado por profesorado e investigadores/as das áreas de Lingüística Xeral e de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Realizou estadías de investigación nas universidades de Georgetown e de California (Irvine). Ten concedidos tres sexenios de investigación. Foi coordinadora de dous programas de doutoramento interuniversitario (2004-2014), un deles distinguido con Mención de Calidade polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e de dous mestrados interuniversitarios (2009-2015). Formou parte da Comisión de Estudos Propios de Posgrao da UDC até 2016. Foi secretaria académica do Centro de Linguas desde o curso 2004-2005 até o 2015-2016.

Alberto Valderruten

Alberto Valderruten Vidal

Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente

Profesor Titular de Ciencias de Computación e Intelixencia artificial. Facultade de Informática

Alberto Valderruten Vidal

É vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente desde 2016. Doutor en Informática (1993) pola Université Toulouse III-Paul Sabatier, participa como membro do Institut de Recherche en Informatique de Toulouse (IRIT) no proxecto Esprit-II Complement, dedicado ao estudo da práctica industrial europea no desenvolvemento de sistemas de tempo real. Comeza a súa actividade docente tamén en Toulouse (1989), e a partir de 1995 na UDC como profesor do Departamento de Computación, no Laboratorio de Fundamentos da Computación e Intelixencia Artificial, dedicado á aplicación de tecnoloxías de programación funcional e de verificación en arquitecturas distribuídas. Membro do grupo de investigación MADS (Models and Applications of Distributed Systems), adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións (CITIC), a súa investigación céntrase non uso de metodoloxías de modelización para o desenvolvemento de sistemas distribuídos fiables, robustos e eficientes, incluíndo técnicas para a avaliación do rendemento e a verificación de sóftware. Decano da Facultade de Informática da Coruña (FIC) no período 2004-2013. Secretario da Conferencia de Decanos e Directores de Informática (CODDI), participa na elaboración do Libro Branco do título de grao en Enxeñaría Informática. Participa na posta en marcha e ampliación do Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións como centro singular do Parque Tecnolóxico da UDC destinado á transferencia tecnolóxica no ámbito das TIC.

Pilar García

Pilar García de la Torre

Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación

Profesora Titular de Psicoloxía. Facultade de
Ciencias da Educación

Pilar García de la Torre

É vicerreitora de Internacionalización e Cooperación desde 2016. Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e psicóloga especialista en psicoloxía clínica. Ademais, cursou os estudos de Criminoloxía na mesma universidade e realizou o Mestrado en Logopedia pola Universidade Complutense de Madrid. Formouse como investigadora no National Addition Unit do Maudsley Hospital de Londres, onde traballou como Honorary Resarch Worker, así como no Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade de Gran Canaria e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Comezou o seu labor docente universitario na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 e desde 2002 é profesora titular de universidade en Técnicas de Modificación de Conduta na Universidade da Coruña, na Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos do Departamento de Psicoloxía. Desde o 2004 é directora da Universidade Sénior da Universidade da Coruña e é membro da Xunta Directiva da Asociación Estatal de Programas Universitarios de Maiores. As súas áreas de investigación principais son a psicoloxía da saúde e a aprendizaxe ao longo da vida, área en que nos últimos anos coordinou diversos proxectos europeos no Long Life Education Program do Directorate Xeral of Education and Culture da European Commission, así como no Programa Erasmus+. Estes traballos recibiron diversos premios e mencións.

Domingo Calvo

Domingo Calvo Dopico

Vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica

Profesor Titular de Comercialización e Investigación de Mercados.
Facultade de Economía e Empresa.

Domingo Calvo Dopico

É Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade desde 2016. Doutor europeo en Ciencias Económicas e Empresariais e profesor titular de Comercialización e Investigación de Mercados no Departamento de Empresa na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Posúe ampla experiencia docente na área de Mercadotecnia, Comportamento do Consumidor e Investigación de Mercados. Actualmente imparte docencia na Facultade de Economía e Empresa (campus de Coruña) e na Escola de Deseño Industrial (campus de Esteiro en Ferrol).Posúe ampla experiencia na dirección e xestión de proxectos de investigación a nivel autonómico (Xunta de Galicia), nacional (Ministerio de Economía e Competititividade), europeo (Proxectos Interreg). É autor de publicacións en revistas líderes da área da comercialización e investigación de mercados, e igualmente participa activamente nos congresos nacionais e internacionais vinculados a esta área de coñecemento. Participou en proxectos do ámbito de natureza multidisciplinar conseguindo realizar transferencia aos sectores relacionados ou directamente implicados con estes proxectos. Realizou estadías de investigación en diversas universidades: Erasmus University of Roterdan, (Holanda, España); Aarhus School of Business, (Aarhus, Dinamarca); o Consello Superior de Investigacións Científicas (Madrid, España). Ten concedidos dous sexenios de investigación. Foi coordinador da titulación de ADE, participando activamente como membro das comisións de Calidade, Traballo de Fin de Grao e Académico-Docente.

María José Lombardía

María José Lombardía Cortiña

Vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade

Profesora Titular de Estatística e Investigación Operativa.
Facultade de Informática

María José Lombardía Cortiña

É Responsable de Unidade de Análise e Xestión de Datos da UDC. Licenciada en Matemáticas en 1994 e doutora en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no 2002.

No ano 1997 incorpórase á docencia universitaria na USC, onde posteriormente obtivo a praza de contratada doutora. Con anterioridade, gozou dunha bolsa no Instituto Galego de Estatística e outra no Servizo de Información sobre Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública. No ano 2009 vincúlase á Universidade dá Coruña (UDC), impartindo distintas materias da área de Estatística e Investigación Operativa nas titulacións de Enxeñaría Técnica Industrial, Documentación e Enxeñaría Informática. Participa tamén como docente no Máster Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados, e no máster interuniversitario das tres universidades galegas en Técnicas Estatísticas. Desde o 2010 é profesora titular de universidade da área de Estatística e Investigación Operativa na Facultade de Informática na UDC.

É investigadora do grupo MODES, adscrita ao Centro Singular CITIC. O seu labor de investigación céntrase en inferencia en áreas pequenas e con modelos mixtos, mostraxe en poboacións finitas e métodos de remostraxe bootstrap. É autora de 25 artigos publicados en revistas internacionais de referencia JCR. Recibiu o premio a un traballo de investigación da Real Academia de Ciencias Galegas no 2004. Dirixiu 3 teses doutorais, unha delas na universidade de Göttingen, e participou en máis de 60 proxectos competitivos e contratos de investigación e de transferencia con institucións e empresas, sendo investigadora principal dunha Acción Integrada con Alemania e de 5 contratos de investigación. Na actualidade ten recoñecidos 3 sexenios de investigación. Foi secretaria e membro do Consello Executivo da Sociedade Galega para a Promoción dá Estatística e dá Investigación de Operacións (SGAPEIO), e Membro do Consello Executivo da Sociedade Española de Biometría (SEB). Na actualidade é responsable da Unidade de Análise e Xestión de datos da UDC (AXD) e membro do Comité de Dirección do CITIC.

Amparo Casares

Amparo Casares Gallego

Vicerreitora de Infraestructuras e Sustentabilidade

Profesora Contratada doutora de Proxectos Arquitectónicos.
Escola Técnica Superior de Arquitectura

Amparo Casares Gallego

É arquitecta e doutora en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Completou a súa formación con estadías no Politécnico de Milán e como bolseira na Academia de España en Roma. Impartiu cursos, conferencias e másteres en Italia, Romanía, Polonia, Alemaña e Santo Domingo, presentou comunicacións en seminarios en Grecia, Noruega, Suecia e en participou en numerosos encontros en España. Os seus temas de investigación céntranse na sostenibilidade no deseño da paisaxe e das edificacións e na arquitectura e xénero. Dirixiu tres teses de doutoramento, unha delas con mención internacional. Ten un sexenio de investigación. Recibiu premios e mencións polo seu traballo como arquitecta nestes temas como a Mención de Honra da UIA-UNESCO no Concurso Internacional de Arquitectura, Desenvolvemento Urbano e Vivenda Sustentable, Guanajuato, México e o Primeiro Premio de Rehabilitación da Alameda, parque histórico de Santiago de Compostela... Foi subdirectora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, coordinou o Máster Universitario de Arquitectura Sanitaria e Asistencial e o Máster Universitario en Arquitectura.

Cristina Villar

Cristina López Villar

Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte

Profesora Contratada Dra.de CC. da Actividade Física e Deportes. Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física

Cristina López Villar

Profesora Contratada Doutora na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desde o ano 2009, anteriormente foi profesora na Universidade de Vigo (2003-2009) e na Universidade de Zaragoza (2001-2003). Licenciada en Educación Física pola Universidade da Coruña (1993-98) e Doutora en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo (2005). Posgrado en Promoción e Educación para a Saúde pola Universidade de Lleida (2001) e Máster en Danza Movimiento Terapia pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). Completou a súa formación con estadías de investigación na Universidade Católica de América en Washington (2005), na Universidade Estadual de Campinas (2009), no departamento de Cultural and Social Studies da Universidade de Oslo (2012), no Laboratoire-Cultures-Education-Societés da Universidade de Burdeos (2016) e na L'UFR STAPS da Universidade de Nantes (2018). A súa actividade investigadora actual céntrase na perspectiva feminista aplicada ás Ciencias do Deporte. Alén da súa colaboración en diferentes proxectos de investigación, que deu lugar á publicación de numerosos artigos, é autora de catro monografías. Participou como relatora en diferentes congresos, xornadas, seminarios e mestrados en diferentes universidades. Realizou asesorías técnicas no Centro Coreográfico Galego (2007, 2008), na Fundación Deporte Galego (2007) e participou como experta no Plan Integral de Actividade Física e Deporte do Consejo Superior de Deportes (2009). Dirixiu cursos de formación para a comunidade universitaria e colaborou na creación de proxectos de actividade física co Servizo de Deportes da UDC e co Plan de Igualdade do Concello de Oleiros.

Mª Jesús Movilla

María Jesús Movilla Fernández

Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

Profesora Titular de
Ciencias da Saúde.
Facultade de Enfermaría e Podoloxía.

María Jesús Movilla Fernández

É Directora do Departamento de Ciencias da Saúde desde 2017. Doutora pola Universidade da Coruña no 2009. Profesora Axudante de Escola Universitaria (1999-2003). Profesora Titular de Escola Universitaria (2003-2015). Profesora Titular de Universidade da Area de Enfermaría do Departamento de Ciencias da Saúde (2015-actualidade). Actualmente imparte docencia no Grao de Enfermaría e no Grao de Podoloxía na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus de Ferrol, e no Grao de Terapia Ocupacional na Facultade de Ciencias da Saude no Campus de Oza. Participa como docente no Mestrado en Asistencia e Investigación Sanitaria (MAIS) na especialidade de Investigación Clínica. No eido da xestión universitaria ocupou o posto de Subdirectora de Enfermaría na Escola de Enfermaría e Podoloxia (2009-2011) e de Vicedecana de Enfermaría da Facultade de Enfermaría e Podoloxía (2011-2015). Coordinou a implantación do Mestrado Universitario en Investigación, Ordenación e Avaliación dos Servizos Sociosanitarios (MIOESS) no curso 2011/2012. Pertence o grupo de investigación da UDC GRINCAR, no marco do cal cofundou o Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde (LICcs). A súa actividade investigadora céntrase no eido da investigación cualitativa dos problemas de saúde complexos e das vulnerabilidades e iniquidades que condicionan o proceso de saúde-enfermidade-atención. Tendo especial interese na saúde das mulleres como construción social desigual. É autora de publicacións en revistas da área das ciencias da saúde, tamén ten participado en monografías e libros. Asiste activamente a congresos nacionais e internacionais vinculados a área de coñecemento de enfermaría. Ten especial interese na internacionalización da investigación en coidados, o que lle fixo xerar unha rede de colaboración con investigadoras da Universidade de Stavanger (Noruega), da Universidade Samuel Merritt (California, USA), e da Universidade de Toronto (Canadá) na Bloomberg Faculty of Nursing e na Dalla Lana School of Public Health. No ámbito nacional traballa con investigadoras da Universidade de Barcelona estudando a vulnerabilidade e a violencia institucional na atención sanitaria da saúde sexual e reprodutiva das mulleres. Dirixiu dúas teses de doutoramento que recibiron o premio extraordinario de doutoramento da UDC, unha de elas con mención internacional

Carlos Aymerich

Carlos Aymerich Cano

Secretario
Xeral

Profesor Titular de Dereito Administrativo.
Facultade de Dereito.

Carlos Aymerich Cano

É secretario Xeral desde 2016. Autor de tres monografías e máis de cen artigos sobre materias da súa especialidade, a súa actividade investigadora desenvólvese preferentemente no ámbito do dereito da contratación pública, da organización territorial do Estado, da prevención e loita contra a corrupción e do impacto e control das políticas de austeridade. Participou como relator en diferentes congresos, xornadas, seminarios e mestrados en diversas universidades. Realizou estadías de investigación nas universidades de Bochum (1994) e Paris-Pantheon (1995). Foi profesor visitante na UNISC (RS, Brasil, 2015). Foi vogal da Xunta Electoral de Galicia (1997-2000), deputado no Congreso na VII lexislatura (2000-2004) e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2013.

Cerrar menú