FEI
TOS

2016/19

Hai catro anos presentamos un programa electoral: Novos retos, novas ideas que foi o noso vademecum este tempo. Podemos dicir non sen orgullo que cumprimos o que prometemos. Temos un aval de xestión baseado en feitos que aquí resumimos.

  • RETO

Participación e Transparencia

  • IDEAS
  • Garantir a participación activa da comunidade universitaria, de xeito que todos e todas podamos ser partícipes na toma de decisións e no debate como mellora da xestión da universidade.
  • Estableceranse formatos de atención informatizados, sinxelos, rápidos e seguros de forma que as canles de comunicación entre os diferentes colectivos e o equipo de goberno sexan máis eficientes e máis fluídos.
  • Así mesmo como medio de participación e de transparencia o equipo de goberno comprométese a reunirse coa comunidade universitaria de cada centro da Universidade da Coruña unha vez ao curso para escoitar e atender os asuntos específicos dos mesmos. Publicación dos resumos das actas das reunións dos órganos de goberno e coa retransmisión en streaming das sesións do Claustro Universitario.
  • Potenciarase o Repositorio Institucional para organizar e difundir en aberto os documentos creados como resultado da actividade académica, docente ou investigadora.
  • RESULTADO
  • Posta en marcha do Portal de participación UDC Decide: https://udcdecide.udc.gal/
  • Reunións abertas a toda a comunidade universitaria, estudantado, profesorado e PAS en todos os centros da UDC máis reunións sectoriais ata un total de 24 encontros anuais. A páxina web recolle un resumo do tratado en cada reunión.
  • Reunión anual do reitor e equipo de goberno con todos os decanos/as e directores/as de centros.
  • Reunión anual do reitor e equipo de goberno cos directores/as de departamento.
  • Contacto coa cidadanía. Formulario de correo electrónico accesible desde a portada da web institucional.
  • Potenciación da canle de Youtube da UDC: https://www.youtube.com/c/UDCcanle
  • Apertura do curso universitario español coa presenza de S.M. El-Rei, o ministro de Universidades, Pedro Duque, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e outras autoridades e membros da comunidade da UDC.
  • RETO

Modernización e
Eficacia

  • IDEAS
  • A UDC a través do Plan Estratéxico 2015-2020 ten iniciado os principais eixos da súa modernización buscando unha maior eficiencia dos recursos e unha maior simplificación dos procedementos empregados para a xestión da UDC e para o fortalecemento da nosa capacidade docente e investigadora.
  • Alén das medidas concretas que se tomen neste eido, continuaremos co estudo e revisión da estrutura das unidades académicas e de xestión para impulsar a mellora da calidade docente, a investigación e a eficiencia na xestión.
  • RESULTADO

Implantación de novos títulos inexistentes en Galicia:

  • Grao en Paisaxe, 1º grao interuniversitario UDC-USC
  • Grao en Xestión Industrial da Moda, 1º plurilingüe en inglés de Galicia
  • Grao en Creación Dixital , Animación e Videoxogos.
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Grao en Xestión Dixital da Información e a Documentación
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica – modalidade Dual
  • Grao de Nanociencia e Nanotecnoloxia (2020/2021)
  • Expansión da Universidade Sénior á Costa da Morte, Betanzos e As Pontes en temas de sustentabilidade.
  • Promoción da innovación educativa, con 70 Grupos de Innovación Educativa valorados positivamente por expertos
  • Cursos MOOCs  ni plataforma MiríadaX, a máis importante en Iberoamérica
  • Mellora notable do financiamento.
  • Mellora do rendemento da actividade docente, investigadora e de transferencia.
  • Programas de eficiencia enerxética. Adhesión a Rede Redexga e compra directa de enerxía eléctrica.
  • RETO

Investigación
Competitiva e
Captación de
Talento

  • IDEAS
  • Intensificar os esforzos para acadar un mellor posicionamento da nosa investigación, mellorar o uso dos recursos de I+D+i e, non menos importante, ser quen de convencer á sociedade que somos parte da solución aos problemas que plantexa a crise.
  • Intensificar a nosa colaboración co tecido empresarial sentando as bases para o crecemento e creación de riqueza mediante a investigación e a transferencia.
  • A captación de talento, en todos os eidos, docencia, investigación, xestión, é un dos principais medios de mellora e de dinamización da actividade universitaria.
  • RESULTADO
  • Programa de captación de talento InTalent UDC-Inditex. A multinacional aportou 1,5M€ para a contratación de 6 investigadores de prestixio internacional que xa conseguiron unha Starting Grant; 3 Ramón y Cajal, e importantes proxectos europeos e nacionais.
  • Posta en marcha dos Campus de Especialización baseados nas fortalezas da UDC: Industrial, Sustentabilidade e Innova.
  • Recoñecemento do CITIC como Centro Singular de investigación en Galicia.
  • Renovación da Agrupación estratéxica do CICA-INIBIC.
  • Recoñecemento do CITEEC como Agrupación estratéxica.
  • Aumento do número de publicacións científicas, con 950 artigos JCR en 2018, récord absoluto de publicacións da UDC.
  • Mellora nos ránkings internacionais ARWU, THE eQS. No THE Impact estamos nas 200 mellores do mundo, destancando en acción polo clima.
  • RETO

Transferencia e
Emprendemento

  • IDEAS
  • Para dar resposta a este reto propoñemos dúas liñas estratéxicas de desenvolvemento. A primeira consiste en intensificar os esforzos para conectar co tecido produtivo e compartir proxectos coas empresas públicas e privadas, seguindo o modelo do acordo coa empresa Navantia, que deu lugar á Unidade Mixta de investigación, O Estaleiro do futuro. Esta colaboración farase baixo as distintas formas posibles, transferencia de coñecemento, socios tecnolóxicos, creación de spin off, innovación aberta, etc.
  • A segunda liña estratéxica consistirá en incorporar de xeito paulatino a cultura do emprendemento no ámbito académico do alumnado.
  • RESULTADO
  • Proxecto “Cidade das TIC”, converter A Coruña nun polo tecnolóxico en que conflúan universidade e empresas do sector TIC.
  • Aumento das Cátedras institucionais con empresas como Navantia, Estrella Galicia, R, Emalcsa, Telecon, Everis, Fundación INADE, Hospitales HM e institucións como a Secretaría Xeral de Deportes.
  • Proxecto Centro de Industria Intelixente no Campus de Ferrol, que aloxe toda a investigación da industria 4.0.
  • Consolidación da Unidade Mixta de investigación UDC-Navantia “Estaleiro 4.0”.
  • Expansión do Campus de Ferrol con novas dependencias de uso universitario como a Residencia de Batallóns.
  • Portal de Orientación Laboral
  • Foro Avanza para facilitar a inserción laboral e promover o emprendemento.
  • RETO

Internacionalización

  • IDEAS
  • O proceso de internacionalización das universidades europeas tense desenvolvido en tres etapas: a mobilidade, a internacionalización dos estudos e unha terceira, a actual que é probablemente a máis complexa e que consiste na colaboración entre institucións de prestixio para deseñar programas académicos conxuntos e afrontar unidos os retos da investigación. Alén disto, a Universidade da Coruña debe continuar coa preparación do noso estudantado para favorecer a igualdade de oportunidades respecto ao estudantado doutros países.
  • RESULTADO
  • Titulacións plurilingües.
  • Incremento do número de alumnado estranxeiro na UDC.
  • Aumento de convenios bilaterais con universidades estranxeiras, con especial incidencia en países latinoamericanos.
  • Títulos dobres de grao e mestrado con universidades estranxeiras.
  • Axudas para estadías predoutoriais UDC-Inditex
  • Simposio internacional coa presenza de Mario Vargas Llosa.
Cerrar menú