Nova Luce

Nova Luce xorde no ano 2002 como unha agrupación electoral exclusivamente universitaria de persoas que compartimos  a idea de que a universidade é un servizo público, que debe ser xestionado con transparencia e coa participación de todos os sectores da comunidade universitaria.

Nova Luce

O noso compromiso histórico é a defensa dunha universidade galega, pública e de calidade, aberta ao mundo e ao servizo da sociedade. Defendemos a igualdade de oportunidades e cremos na universidade pública como un instrumento de mobilidade social ascendente, polo que facilitar o acceso á universidade é para nós unha obriga.

Nova Luce impulsou as candidaturas dos tres últimos reitores da Universidade da Coruña: José María Barja, Xosé Luís Armesto e  Julio Abalde. Candidatos que gañaron as eleccións a Reitor co apoio maioritario de toda a comunidade universitaria, especialmente do estudantado.

Cerrar menú