Política de Privacidade e Aviso Legal

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Julio Abalde informa ás persoas usuarias do sitio web sobre a súa política respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal que poidan ser recollidos a través do seu sitio web.

Neste sentido, Julio Abalde garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

Base de lexitimación, finalidade do tratamento e cesión dos datos persoais

Julio Abalde ten o deber de informar acerca da recollida de datos de carácter persoal que pode levar a cabo a través do seu sitio web, ben sexa mediante o envío de correos electrónicos ou a cumprimentación dos formularios incluídos no sitio web por parte das persoas usuarias; deste modo, a base de lexitimación do tratamento dos datos persoais reside no consentimento da persoa interesada. Julio Abalde será considerado como responsable do tratamento dos datos recollidos mediante os medios anteriormente descritos.

Datos de contacto: Julio Abalde, dirección: Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira, 15008 A Coruña. Correo electrónico: julioabalde@udc.gal

Á súa vez Julio Abalde informa ás persoas usuarias de que os datos de carácter persoal que se puideran recoller directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial, e que a finalidade do tratamento dos datos solicitados é a atención de solicitudes realizadas polas persoas usuarias do sitio web.

Os datos persoais serán tratados durante o tempo imprescindible para cumplir coa finalidade indicada, e para determinar as posibles responsabilidades legais que se puideran derivar atendendo á normativa vixente.

Os datos persoais non serán cedidos a terceiros salvo obriga legal.

Dereitos das persoas usuarias

A persoa interesada consinte o tratamento dos datos para os efectos de cumprir coa finalidade descrita, e terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos. Ten dereito a lle solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a se opoñer ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos.

Para facer uso do exercicio destes dereitos, a persoa usuaria poderá realizar unha solicitude á seguinte dirección: Julio Abalde, Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira, 15008, A Coruña, ou ao correo electrónico julioabalde@udc.gal achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte). Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos da persoa usuaria, a petición ou solicitude, o domicilio e demais datos acreditativos que poidan resultar necesarios.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado pola propia persoa usuaria. Con todo, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación da persoa interesada.

 

AVISO LEGAL

Julio Abalde, provisto con NIF/CIF, 36013481N, dirección Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira, 15008 A Coruña, non pode asumir ningunha responsabilidade derivada do uso incorrecto, inapropiado ou ilícito da información aparecida na páxina da internet de https://julioabalde.udc.gal.


Os contidos e información non constitúen opinións, consellos ou asesoramento legal de ningún tipo pois se trata meramente dun servizo ofrecido con carácter informativo e divulgativo.

A páxina da internet de  https://julioabalde.udc.gal pode conter ligazóns (links) a outras páxinas de terceiras partes que Julio Abalde non pode controlar. Por tanto, Julio Abalde non pode asumir responsabilidades polo contido que poida aparecer en páxinas de terceiros.

Os textos, imaxes, sons, animacións, software e o resto de contidos incluídos neste  website son propiedade exclusiva de Julio Abalde ou as súas  licenciantes. Calquera acto de transmisión, distribución, cesión, reprodución, almacenamento ou comunicación pública total ou parcial, debe contar co consentimento expreso de Julio Abalde.

 

Cerrar menú