SUMANDO IDEAS
Comprometidos coa Universidade

01 ALUMNADO

Facilitar o acceso á universidade é para nós unha obriga. Temos residencias universitarias públicas con prezos públicos; bolsas e axudas ao estudantado. A docencia de calidade é un dos nosos puntos fortes. A boa preparación dos nosos titulados reflíctese no elevado índice de inserción laboral da UDC, que supera á media galega e española.

+

02 PROFESORADO

Somos a universidade galega co plantel de profesorado máis novo. Mantemos o compromiso de estabilización e promoción do noso profesorado, que é onde está o talento. Apoiamos o desempeño docente favorecendo a innovacióne o recoñecemento do labor académico.

+

03 PAS

O traballo do persoal de administración e servizos é fundamental para a universidade. A súa estabilidade e promoción están garantidas. Temos o compromiso de acadar a profesionalización de todo o persoal buscando fórmulas para a mellora da súa carreira profesional.

+

04 DOCENCIA

Estamos creando futuro. Modernizamos as nosas titulacións para responder aos retos e demandas da sociedade actual, coas que conseguimos incrementar a matrícula. Implantamos novas titulacións que crearán profesións do futuro. Innovamos no sistema educativo e apostamos polo coñecemento en aberto con cursos MOOCs na plataforma MiríadaX, a máis importante en Iberoamérica.

+

05 INVESTIGACIÓN

Co esforzo de todos e todas conseguimos importantes logros en investigación: 2 Starting Grant, proxectos europeos, 4 Ramón y Cajal. Con respecto á captación de Talento, a UDC vén de posicionarse entre as 3 primeiras universidades españolas en conseguir prazas de investigadores en convocatorias competitivas como é o caso das Beatriz Galindo. O programa InTalent posiciónanos como un referente nacional en captación de talento. Aumentamos as cátedras de empresa e conseguimos un mellor posicionamento nos ránkings internacionais e nacionais.

+

06 INTERNACIONAL

Programas de internacionalización en casa: Summer School; axudas para realizar a tese no estranxeiro; acordos bilaterais; clases en inglés; dobres titulacións con universidades foráneas Todo este traballo fai que cada curso aumente o número de alumnado estranxeiro na UDC.

+

07 RESPONSABILIDADE

Temos un compromiso activo co feminismo, liña estratéxica desde hai anos. Traballamos pola igualdade de homes e mulleres e contra calquera discriminación ou acoso por razón de xénero ou de orientación sexual. O coidado do medio ambiente e a sustentabilidade así como a promoción dunha vida saudable son obxectivos da nosa responsabilidade social.

+

08 UDC EN EXPANSIÓN

A Universidade da Coruña está preparada para asumir novos retos que dean resposta ás necesidades da sociedade, pero tamén ten a capacidade de adiantarse ás futuras demandas tanto de formación, como de investigación e de transferencia de resultados. Para isto, precisa novos espazos que están en proxecto. A UDC medra en títulos, en retos e polo tanto, expándese proxectándose cara as cidades da Coruña e Ferrol. Con proxectos xa decididos, a UDC afronta a súa maior expansión dos últimos anos.

+

Cerrar menú